aquel día funesto
Un día lonxe se foi,
eu pensei que sería unha viaxe,
que nuns días volvería,
pero as noites pasaban e vostede non chegaba.
Agora miro á Lúa
e ás estrelas,
e pregúntome
se me estará a escoitar,
por iso, e en silencio,
lle confeso o que sinto,
por que o boto de menos;
e non me afago.
¿Como decir e facer pensar
que isto é normal,
se nin eu mesma o creo?
¿Como esquecer o home
ó que me quero parecer?
Un día marchou,
mais non podo decir
que outro día retornou.
1 comentarios:
As ausencias nunca son definitivas. Sempre permanece en nós o máis marabilloso desa persoa; todo o que era dela e serviu para que nós construiramos o noso mundo soñado.
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio