A MIÑA BISAVOA
Desorientada, inocente, manexable,
como a vida dun meniño,
esa muller que antes era
divertida, enerxética, hiperactiva,
e todo o que tivese que ver
coa felicidade;
abandona sen querer esa vida
e volve ser unha nena grande.
Esquécese das cousas, non sabe o que fai...
dinlle alzaimer ó que padece,
mais o que a muller que máis quero sofre,
non se pode esplicar con palabras.
Xa sei que non podo facer nada,
pero vou disfrutar dela coma se fose
o último día que me acompaña
por que, ¿quen sabe?
ó mellor para ela mañá,
xa non son a súa neta.
Vou manter os ollos abertos
e aprobeitar o cariño que
despois sei que non
me vai poder dar.
Sei que a ela non lle gustaría
saber como vai acabar a súa vida,
pero xa é tarde para explicarllo,
por que un ser descoñecido habita nela
impedíndolle recordar que ten unha neta
que a quererá ata o último momento.
A vostede, Digna, dedícolle esta composición
que non ten outro fin máis que
dar a coñecer á mellor muller do mundo,
esa que, se puidera,
me limpiaría as bágoas
que percorren as miñas meixelas
por unha bisavoa perdida
recorde que a súa neta
non a vai esquecer,
pase o que pase,
xuntas por sempre xamais.
1 comentarios:
espero que ela siga a se recuperar como ata agora.
non mereces máis paos dos que che acaban de dar.
moitos biquiños para ti e para a túa bisavoa.
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio