Por vostede heino conseguir
Xa sei que é inútil escribirlle, pero supoño que o fago para desafogarme. Ben é certo que non estou pasando polo meu mellor momento, pero iso non me impide soñar, e soño, soño con que por fin son feliz, dunha vez por todas, que nada nin ninguén se expón no meu camiño, que non existen obstáculos;sei que pido imposibles, pero recórdovos que estou a soñar. O meu é o pesimismo, pero de cando en cando sae unha raiola de felicidadde, alegría, que transforma a miña tristura en ledicia.
Aínda recordo aquelas carreiras polos fermosos prados verdes da miña terraa, a recolleita das patacas, a vendima, o tempo de augardente, a romaría do Faro e da parroquia; momentos todos eles que agardo nunca esquecer porque son o único recordo que me quedan del; o seu sorriso, a súa enerxía, as súas ganas de vivir, todo o que hoxe me falta a min, todo o que el se levou.
Por iso, teño que recoñecer que son moitas as veces que me derribo e penso en tirar a toalla, pero nunca o fago, por e, polo home máis importante da miña vida, ese que ten nome propio: Manolo, o meu avó.
Por vostede xuro seguir adiante, por que vai ser por vostede por quen vou vivir, por que é vostede quen me transmite a súa enerxía para que aproveite o tempo que vostede non puido.
POR VOSTEDE HEINO CONSEGUIR, GRAZAS.
1 comentarios:
O meu corpo ten a queimadura
exacta
da dor
por iso ocupo todo un atlas de fumazos
e cicatrices de boca
As posturas do día, Emma Pedreira
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio