jueves, 25 de enero de 2007

os meus amigos do blog


Navegando neste mundo coñecín a moita xente. Uns das Américas, outros de España e quen sabe se algúns da Antártida. Pero iso non importa, ¿que máis dá se son negros ou brancos, rubios ou morenos, altos ou baixos, esveltos ou rechonchos?; o que de verdade admiro é a súa humanidade, o seu interior que me amosan moitas tardes cando visitan o meu blog.
Mais iso non me chega, gustaríame velos, abrazalos, bicalos, agradecerlles polo seu apoio incondicional que me brindaron sen me coñecer. Só sabendo o que eu sentía foi suficiente para que toda esta xente se revolucionara e acudise a min, para me axudar a poder levar mellor os momentos malos que me tocan vivir.

Por vós e por todo, grazas desta pesimista nata que desexa conocervos
.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio