RECUPEREI UN AMIGO
Collémosnos das mans,
mirámosnos ós ollos,
acercamos os nosos corpos,
os nosos corpos entrelazáronse,
as nosas miradas morreron xuntas,
Nós, sentíndonos os dous,
coma se foramos un só,
Nós, mirando as estrelas
para que nos cumprisen
o mesmo desexo;
Nós, que agardabamos
estar xuntos sempre.
Os meses pasaron,
vivimos moitas sensacións xuntos,
disfrutamos o que nos deixaron,
e un bo día,
decidiches decirme adeus,
mais non foi unha triste despedida.
Agora vexo que foi o mellor,
os nosos camiños son paralelos,
xamais esquecerei o vivido,
o sentido, o disfrutado,
xamais sentirei o que sentín contigo,
meu fiel compañeiro,
que un día me dixeches adeus,
deixándome consumido o corazón.
Pero non te sintas mal,
por que todo o hai que superar.
Os días pasaron
e a miña vida mudou de estado,
sei que perdín un mozo
pero que recuperei un amigo.
4 comentarios:
Todo tiene un porque, y es aprendizaje. A veces tan dolorosos como despedirse porque uno se tiene que alejar, o porque el otro decide irse. Es hacer camino, experiencia. Nada es fàcil. Hay que luchar por ser feliz...
Me alegro que hayas recuperado a un amigo!.
Un abrazo de Luz.
Bes♥s ad♥rad♥os hoy 14, en el Día del Am♥r y la Amistad.
TE QUIER♥.
Nada se perde se diso se aprende. Nada hai nesta vida perdido, só o tempo que ficamos na dúbida!!!!
de todas as experiencias vividas lógrase aprender cousas e normalmente inténtentase non errar de novo.Quizáis sen elas non teriamos aprendido novas cousas.
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio