miércoles, 21 de marzo de 2007

a miña irmá

Das voltas no cuarto,
mírasme de esguello,
amósasme un sorriso,
xesticulas con alegría,
transmites ledicia...

mais cando te enfadas,
¡ai cando te enfadas!

o fume sáeche polas orellas,
as meixelas póñenseche rubias,
os ollos comezan a saltar,
e o corpo paralízase;

pero iso non impide
que cando a tempestade pasa,
me digas que me queres,
que te alegras de ser miña irmá,
que te ergas pola noite
e me deas un bico
(ese bico que,
aínda que eu non me recordo,
marcou o meu corazón).

Quero que saibas que,
a pesar das diferenzas,
dos enfados,
das discursións,
ti es e serás,
a irmá que sempre desexei ter.

Xuntas agardo apoiarnos
e apsar os malos momentos
como ata agora.

Non esquezas que aquí tés
unha amiga.

6 comentarios:

Blogger JuanMa ha dicho...

Es un tipo de amor con mucho roce, y mucha pelea, pero cuando de verdad necesitamos a alguien siempre se puede contar con los hermanos. :)

2:17 p. m.  
Blogger Somoneta ha dicho...

estou moi segura que a túa irmá te quere mogollon e parte desas pequena s difernezas que tivestes agora todo vai ben , e ela querete por que non deixas de ser súa irmán. cada irman e un mundo eu ca miña rifo moito pero ela non fondo sabe que a quero e que nunca deixarei que ninguén nos separe, por que o fin é o cabo levamos a mesma sangue e somos irmans, e grtazas a dios queremosnos e ultimamente estamos moi unidas. ti recordas como nons levabamos eu mais thais non si?
e agora este cambio, tu irmá querete e sabe que estarás en todo momento con ela ainda que non esteas nese momento, por que ainda que se euqivoque ti estaras aí para axudala cvomo fago eu con ela. e ainda que ela non o espere axudarala, pero ela ben o sabe que a queres mogollon. miles de bikos rapaza

5:02 p. m.  
Anonymous Anónimo ha dicho...

que sorte ter unha irmá que che ragala poemas!!!!

10:58 a. m.  
Blogger Princesa Dariak ha dicho...

Una hermana, una amiga...
Precioso.

Un abrazo de Luz.

2:27 p. m.  
Blogger a Meiga de Merlán ha dicho...

Xa me gustaría verte a tí e a Patricia discutindo...ten que ser divertidísimo, ti berrando aí coma unha tola, e ela, tan pacífica como sempre ou todo ó contrario?

Espero que cando ti marches estudar a Ourense, non teñades xa eses enfados vosos, que pasades unha por onda a outra e non vos falades pero decídeslle ós demais que que "aí vai a miña irmá" ou "esa de aí é a miña irmá", sode sirmás pero tamén amigas non vos enfadedes...

11:08 a. m.  
Anonymous Anónimo ha dicho...

oa wapisima
primeiro que te quero moitisimo e que aqui tes unha irma para o que queiras.
o que non xe vou negar e que cada vez que marchas pa orense quedo nas miñas anchas e ti tamen marchas contenta porque a quen lle vai berrar a aurea vai ser a min, peo ai que saber levala
krtmmmmmmmmm

3:27 p. m.  

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio