miércoles, 11 de abril de 2007

A SÚA VIDA CHEGOU Ó SEU FIN

A súa vida chegou ó seu fin,
feneceu,
ficou parada,
sen respirar,
o último alento,
ese último co que non se puido
despedir de min,
ese último que non conseguín presenciar,

ficou e eu non estaba ó seu carón.

Sinto que a deixei
cando máis me necesitaba
ó seu lado,
permitín que deixase este mundo,
inxusto,
cruel,
desalmado,
este mundo no que soubo vivir,
adaptarse,
aguantar,
un mundo que agora
chora bágoas de sangue,
por que ela non está,
por que se foi,
por que xamais volverá.

Ela,
tan boa coma ningunha,
tan sorrinte coma poucos,
tan desorientada coma todos.

Ela,
que tanto significou para min,
que tanto amor me deu,
que tantas alegrías me ofreceu,
que tanto cariño depositou en min.



Só podo dicir que o mundo é moi inxusto,
non era ela quen tiña que marchar.

¿Por que non me levou con ela?


¿Por que me deixou soa?


¿Por que non me dixo adeus?


¿Por que todo ten que ser tan triste?





Foise un sábado 24 de marzo,
mais non retornou ó día seguinte.

2 comentarios:

Blogger Orestes (Ex Al) ha dicho...

Non podo deixar que estea baleiro de comentarios este fermoso e triste poema. Pouco te podo dicir para aplacar a túa dor, pero pensa que as cousas son un ir e voltar e desppis da dor, para ti que és unha moza nova, chegara de novo a ledicia
Iso to desexo cun grande agarimo

7:11 p. m.  
Blogger a Meiga de Merlán ha dicho...

Ti xa sabes que a túa avoa te quería moitísimo, igual que todos.
Todos pasamos alguha vez por ese mal momento en que perdemos a un ser querido, e curiosamente, sempre nos sentimos culpables, aínda que non o digamos.
O noso corpo é duro porque aguanta todas estas atrocidades que nos pasan de mellor ou peor maneira.

Sinto non poder haber estado contigo naqueles días, pero xa sabes que me tes aquí cando queiras.
Ata pronto, miña nena.

12:08 p. m.  

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio