miércoles, 5 de diciembre de 2007

FELIZ CUMPLEAÑOS DAVID

Un día coma este,
nubloso e frío,
gris e escuro,
vése máis feo
polo recordo del,
ese rapaz que,
con tan so 20 anos,
perdeu a vida
unha triste mañá de agosto,
debido a un grave accidente de coche.

O seu rostro,
os seus xestos,
os seu gran corazón,
xamais serán esquecidos
entre todos nós,
os seus amigos e
seres queridos
que o único que desexamos,
é voltar o tempo atrás
para impedir
que eses fermosos ollos azuis
xamais se pecharan;
que ese gran corazón
non deixase de latir;
que ese singular sorriso
non se esbaecera...

Non consigo evitar
que esbaren polas miñas meixelas,
estas bágoas de dor;
dor por unha morte prematura,
inxusta,
cruel,
inesperada;
dor por un ser que marchou;
por unha man fría;
polo sufrimento,
este sufrimento que non ten cura,
nin pastillas,
nin xaropes,
nin remedios caseiros,
nin tan sequera o tempo,
conseguirán disminuir
este sentimento.

Neste día tan especial
coma hoxe,
o día do teu aniversario,
quero agasallarte
con esta triste composición,
ofrecéndoche, coma sempre,
o meu cariño e apoio.

FELIZ CUMPLEAÑOS, DAVID

Etiquetas:

2 comentarios:

Blogger patri ha dicho...

a verdade e que nunca poderemos sacar das nosas mentes un rapaz como el.ademais de rir el todo o tempo non deixaba que os demais o deixaran de facer.
bueno guapisima espero que todo o que esta pasando afecte a preciosa relacion que estabamos tindo coa dichosa mensamaniae que por desgraza xa se esfumou.
cuidate moito e sorte na vida .biquiños

5:31 p. m.  
Anonymous Anónimo ha dicho...

que sepas que naceu o dia 4

9:19 p. m.  

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio