miércoles, 5 de diciembre de 2007

PARA TI, MIRYAN

SORRISO IMBORRÁBEL,
iso é o único que che pido
neste día tan especial para ti.

Aínda recordo toda a nosa infancia,
os nosos paseos en patíns
unidos, como non,
ás miñas continuas caídas;
os xogos coas bonecas,
coas tendas, ás profes...

nunca esquecerei
o ben que o pasamos,
a cantidade de chocolate
que comemos,
todo xuntas,
sen nos despegar.
Os abrazos e bicos constantes,
as mostras de cariño,
a compra de "aceche" ( ¿lémbraste?)

Non sei cómo expresarche
con estas sinceiras verbas,
o moito que te quero
e te necesito,
por que ti eres veciña,
compañeira,
amiga,
confidente,
irmá,
sobre todo iso,
irmás, aínda que non de sangue nin ante a lei ,
irmás nos nosos corazóns.

Moitas felicidades
e recorda que aquí me tés,
para todo o que necesites.

Só agardo que esta maizade
tan sincira e transparente,
non se vexa truncada
polos caprichos do destino.


QUÉROTE MOITO.

6 comentarios:

Blogger Miryan ha dicho...

GRACIAS,GRACIAS,mil veces gracias. q ilusión me fixo pitufiña...emocioneime e todo!!je.
Ahora non sei que poñer joder, t escribes tan ben e eu tan patosa....solo o xa sabes: que che quero moitísimo!!
Eu tamen recordo todo o que ti dis,e espero nunca esquecelo....bicos.

6:15 p. m.  
Blogger Meigo, aprendiz de Druida ha dicho...

Que teñas o Nadal mais cheo de sorisos.
Un bico.

7:53 p. m.  
Blogger Somoneta ha dicho...

ola amiga .. pois regresei..
sei que tiña esto un pouco abandoado.. pero e que non hai de donde sacar o tempo..
que lindo poema dedicado a unha amiga.. as túas verbas si que son imposibles de esquecer.. ainda que pasen anos que non escribas os nosos recordos.. permaneceran ai..
un bico rula querote

6:45 p. m.  
Blogger Meigo, aprendiz de Druida ha dicho...

Fai moito que non gozamos das tuas verbas, e non somos merecedores de semellante castigo.
Moitos bikiños

7:01 p. m.  
Blogger Meigo, aprendiz de Druida ha dicho...

MIña rula, sempre hay un momentiño pra facer uns garabatos no papel, e sempre hay un anaco pra volcalos eiqui. Non hay disculpa. Como ti te ves, xa me vin eu.
Moitos bikiños.

10:21 p. m.  
Blogger Meigo, aprendiz de Druida ha dicho...

Sigues vaga, grrrrrrr.
Espero que estes aprobando, si no....
Besos.

1:04 p. m.  

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio