O Nadal está moi preto
Xa se está acabando o ano como pasa con este primeiro trimestre dun curso no que sabemos que todo é moi duro, malia iso, debemos unir forzas e non descansar ata conseguir os nosos obxectivos. Por iso quero mandar desde aquí, un recuncho de Galiza, tódalas miñas forzas para aqueles que as precisen, ó igual que me pasa a min.
É moi usual preguntar qué pides para o ano que está por entrar; pois ben, eu direi que o que de verdade quero é que a saúde non lle falte a ninguén, que o amor se manteña encendido, e que consigamos acadar, aínda que non sexa a completa, unha pequena porción de felicidade por que, de ser sinceiros, a min ultimamente non me acompaña a sorte. Pero iso é o de menos, pido que as guerras rematen, e a corrupción, e as inxustizas, e a maldade acumulada neste mundo ó que, tarde ou cedo, imos deixar.
Sen máis, e para non vos aburrir, deséxovos a todos unhas moi felices festas e toda a felicidade do mundo. Tamén vos pido que non vos esquezades de nós e nos visitedes como ata agora. Moitos bicos e ata o ano que vén.

1 comentarios:
Hola Shaila, te saludo con inmensa alegría, eres un regalo de Año Nuevo...Seguimos juntas, eh.
BESOOOOOOS.
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio