un día gris
hoxe o día é gris:
chove, fai vento e eu estou soa,
soa nesta casa tan grande
na que só atopo as miradas perdidas
duns velliños ós que adoro
a miña bisavoa á que,
nestes días tristes,
estou a coidar;
o meu bisavó que non deixa
de me contar historias
xa perdidas
pero que seguen vivindo na súa mente;
e a miña, xa non sei se tía, bistía ou tataratía,
á que os anos non conseguiron
sacarlle toda o mal humor
que a acompañou desde
o mesmo día que naceu.
Eu, soa pero acompañada,
na miña mente non sae a cara do meu mozo.
Eu, soa e escoitando Bebe na radio vella da miña avoa.
Eu, soa e pensando nos bos momentos que pasaron
e que xamais volveran,
eses que desexaría que volvesen.
Aínda así, sigo soa,
neste día gris e fría
nos comezos de decembro.
Agardo que este día remate xa.
4 comentarios:
Os días non son grises, facémolos nós grises no noso interior. Pero estou certa que un día cheo de historias antigas e con soños de futuro (malia non verlles o rostro) non pode ser gris.
ánimo; a v ida está a esperarte e quere máis forza pola túa banda!!!!!
Una tarde gris,
una tarde fría,
una tarde con un sueño,
una tarde en soledad.
Amiga, hermoso poema, lleno de melancolía.
Acuático
http://desde-mi-pecera.blogspot.com
Se o día é gris temos que facer o que podamos por facelo máis claro para q o seguinde resplandeza coa luz do noso interior. Non hai días grises se antes houbo días dourados
Dos días máis escuros todos desexamos fuxir, agardando a que o seguinte veña mellor.Ás veces, hai que afrontalos con forza, pero non te preucupes que de seguro todo mellorará!!!Ata outra e grazas polo comentario.
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio