miércoles, 8 de noviembre de 2006

aquel día todo parecía perfecto:
o sol saia como o de calquera xornada de setembro
pero traia de fondo unha cor escura,negra,
mais eu, iñorante a todo o que ía suceder,
tentei pasalo o mellor que puiden.
Agora sei que todo puido ser moi diferente,
vostede podería estar comigo,
cumprindo a promesa de me acompañar o día da miña voda,
mais non é así,
encargaremos un prato menos
por que o home, ata agora, máis importante da miña vida
non ficou comigo,
foise e xamais o volverei ver.


Ese día morría o meu avó
a quen lle adico esta composición que,
a pesar de non ser nada literaria,
amosa tódolos meus sentimentos,
uns sentimentos que me firen por dentro.


Síntome impotente,
aínda así,
e sabendo que el me estará mirando
desde calquera lugar ,
mándolle a máis forte das miñas apertas,
e prégolle que non se esqueza de min
e me axude niste camiño
que iniciei xa fai 17 anos.



quéroo moito avó.
a súa neta que se sinte culpable.