miércoles, 11 de abril de 2007

A SÚA VIDA CHEGOU Ó SEU FIN

A súa vida chegou ó seu fin,
feneceu,
ficou parada,
sen respirar,
o último alento,
ese último co que non se puido
despedir de min,
ese último que non conseguín presenciar,

ficou e eu non estaba ó seu carón.

Sinto que a deixei
cando máis me necesitaba
ó seu lado,
permitín que deixase este mundo,
inxusto,
cruel,
desalmado,
este mundo no que soubo vivir,
adaptarse,
aguantar,
un mundo que agora
chora bágoas de sangue,
por que ela non está,
por que se foi,
por que xamais volverá.

Ela,
tan boa coma ningunha,
tan sorrinte coma poucos,
tan desorientada coma todos.

Ela,
que tanto significou para min,
que tanto amor me deu,
que tantas alegrías me ofreceu,
que tanto cariño depositou en min.



Só podo dicir que o mundo é moi inxusto,
non era ela quen tiña que marchar.

¿Por que non me levou con ela?


¿Por que me deixou soa?


¿Por que non me dixo adeus?


¿Por que todo ten que ser tan triste?





Foise un sábado 24 de marzo,
mais non retornou ó día seguinte.