lunes, 8 de noviembre de 2010

O bico dos bos días

O día gris, as fiestras zumbando por ese vento que case consegue levantarme do chan.
Soa, na cama, ollando a foto onde saes, de pequeno, de noviño, cando tan só contabas 3 anos, quizáis máis, quizáis menos. Non importa, só sei que te miro, sen poder evitalo, para que a túa imaxe, o teu sorriso, eses ollos que me fixeron tolear, non se vaian nunca desta cabeciña tola que fai plans e máis plans, pero todos eles contigo ó meu carón, coas túas mans pegadas ás miñas, co teu peito apertándome forte, cos teus beizos enlazándose cos meus, temblorosos, húmidos, desexosos.
De repente......
ringgggggggggg!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
¡ Non, xa son as 9!; chego tarde ó curso......
Miro á esquerda, acendo a luz, busco ese sorriso, eses ollos, ese rostro inocente dun neno de 3 anos, quizáis máis, quizáis menos, non importa. Estás aí, acompañáchesme toda a noite, non podo tocarte, nin bicarte; aínda así, como se fose posible, os meus beizos mándanche un, de bos días, de "ámote", de ven comigo.....
O vento cesou e a chuvia molla a herba e a estrada. Soa o teléfono, eres ti:
"Bos días amor. Mándoche un bico de bos días".