miércoles, 22 de noviembre de 2006

aquel día funesto

Un día lonxe se foi,
eu pensei que sería unha viaxe,
que nuns días volvería,
pero as noites pasaban e vostede non chegaba.
Agora miro á Lúa
e ás estrelas,
e pregúntome
se me estará a escoitar,
por iso, e en silencio,
lle confeso o que sinto,
por que o boto de menos;
e non me afago.
¿Como decir e facer pensar
que isto é normal,
se nin eu mesma o creo?
¿Como esquecer o home
ó que me quero parecer?
Un día marchou,
mais non podo decir
que outro día retornou.

o mundo da literatura

É ben certo que no mundo real hai odio, hai guerras, hai fame, hai envexas e hai moitísimos máis vicios dos que case non me atrevo nin falar. Decidín animar ás miñas alumnas de literatura a crear aquí, nesta rede de blogs, un mundo de soños e contos que nos servira para fuxir da monotonía das aulas (que moitas veces agobian demasiado). O certo é que agora estou un pouco preocupada porque non sei que facer. Este é un traballo de clase, que puntúa, que ilusiona, que abre fiestras ao mundo real e irreal; pero dende algún tempo teñan que soportar as malas palabras e os malos modais dunha "persoa" e creo que non nos paga a pena. Así pois, agradeceríavos eu (Susana), que nos deixedes seguir traballando no noso proxecto, ao igual que en cursos anteriores, e que reservedes outros espazos máis íntimos para os ataques persoais (merecidos ou non). Moitas grazas, a profe!!!!