lunes, 16 de junio de 2008

COMA NOS VELLOS TEMPOS

Sempre ó meu carón,
axudándome nos malos momentos,
compartindo comigo
alegrías e tristuras,
sorrisos e bágaos,
amosando o teu lado máis doce,
ese que moitas veces
te empeñas en tapar,
ocultar,
baixo o teu carácter maduro,
pero que sae á luz
cando preciso dunha amiga,
dunha compañeira,
dunha cómplice,
cando sinto morriña
dos tempos pasados,
da vida corrida,
dos andares percorridos,
xuntas,
dende nenas,
aquelas nenas
que xa gozaban do baile xuntas,
que xa gozaban das pequenas cousas,
e insuficientes,
coas que a vida nos agasalla
cando máis o precisamos.
Pero tamén dos prontos,
as tristuras,
a dor,
esa dor que tantas e tantas veces
ocupou o meu miúdo corazón,
impedíndolle ver máis alá
do sufrimento;
pero aí estabas ti,
para quitarme a venda dos ollos,
para amosarme
o fermosa que é a vida
aínda cando todo
parece escuro.
Por iso e por todo,
douche as grazas,
tinguindo este papel
con verbas sinceras,
con sentimentos encarnados
nesta mente infantil
que está sempre
á túa disposición
cando máis o precises;
para as alegría
e para as penas;
para os sorrisos
e para os prontos;
para todo
e pro sempre;
sabe que estou
ó teu carón.


Coma nos vellos tempos.

¿QUEN É O XUSTO?

Sigo durmida,
nesta solitaria cama
que me acompaña
nos meus feos pesadelos
e nos meus fantasiosos soños,
na miña doce vida
e no meu cruel destino.
Mais non debo queixarme
porque eu non son
a que peor o estou pasando.
No mundo,
alá abaixo,
onde ninguén quere mirar
para non ver as atrocidades,
onde mulleres e homes coma min
sofren,
padecen,
choran,
berran,
calan por medo….
e todo por unhas mans egoístas
que non queren repartir nada,
que queren gozar eles
da inmensa riqueza
da que dispoñen estes países
que sofren sen ter culpa algunha.

Por iso,
non debo ser coma eles
e mirar para diante
dándome conta
de que, no mundo,
hai dores maiores,
sufrimentos inxustificados
que ninguén quere ollar
para non complicarse as vidas.


¿Quen é o xusto?

O MEDO

O día comeza escuro,
ensombrecido polas negras nubes,
estas nubes que onte
taparon o meu miúdo corazón,
sacando á luz un sentimento de medo,
terror,
a perderte,
a poñer punto e final a esta relación.

Pero unha raiola de sol
saíu dos teus ollos,
luceiros que alumean o meu camiño,
un sendeiro longo e con baches,
que percorro ó teu carón,
cos teus bicos,
as túas caricias,
o teu gran amor,
este amor que medra tódolos días,
dentro de ti e de min,
este sentimento que non sabe o que facer,
cómo obrar,
cómo berrarlle ó mundo enteiro
que isto é verdade,
unha realidade existente entre nós.

Pero sei que o medo voltará a min,
inevitablemente,
sen poder facer nada para impedilo,
pero agardo que para entón,
ti esteas ó meu carón.