O inicio nun novo mundo
Por fin chegou o día. Agardamos moito este momento no que tan so cunha tecla creamos un mundo diferente para nós, un mundo no que, agardamos, nos deades as vosas opinións e queiradas compartir as vosas alegrías e penas. Hoxe, 3 de novembro do 2006, creamos os nosos blogs. Recomendo que tamén entredes no da miña compañeira do lado, ameigademerlan.blogspot.com, coa que non deixo de vivir grandes emocións e a que me acompaña a onde queira que eu vaia, a miña amiga e confidente Tania,

De antemán recibide a miña benvida e un fortísimo saúdo co que inauguro meu blog que se convertirá tamén no meu diario.
Moitos bicos.
Shaila