jueves, 8 de febrero de 2007

RECUPEREI UN AMIGO


Collémosnos das mans,
mirámosnos ós ollos,
acercamos os nosos corpos,
os nosos corpos entrelazáronse,
as nosas miradas morreron xuntas,
Nós, sentíndonos os dous,
coma se foramos un só,
Nós, mirando as estrelas
para que nos cumprisen
o mesmo desexo;
Nós, que agardabamos
estar xuntos sempre.


Os meses pasaron,
vivimos moitas sensacións xuntos,
disfrutamos o que nos deixaron,
e un bo día,
decidiches decirme adeus,
mais non foi unha triste despedida.
Agora vexo que foi o mellor,
os nosos camiños son paralelos,
xamais esquecerei o vivido,
o sentido, o disfrutado,
xamais sentirei o que sentín contigo,
meu fiel compañeiro,
que un día me dixeches adeus,
deixándome consumido o corazón.
Pero non te sintas mal,
por que todo o hai que superar.
Os días pasaron
e a miña vida mudou de estado,
sei que perdín un mozo
pero que recuperei un amigo.