domingo, 24 de julio de 2011

A historia repetíase de novo. as vendaxes caían dos ollos, resentidos tras outra operación máis. Tareixa enfrontábase de novo á esperanza, á ilusión, á alegría, á ledicia..., pero tamén ó desacougo, á decepción, á tristura ou á depresión. por iso, a pesares de telos completamente descubertos, a moza resistíase a abrir os ollos, por temor. con todo, a curiosidade e a inquietude puideron máis e axudáronlle a facer un guiño á vida. primeiro o esquerdo. Logo o dereito. O resultado: a escuridade de novo.
As bágoas non cesaban de bailar ás súas anchas polas pálidas meixelas de Tareixa. A penumbra perseguíaa de novo, as tebras cubrían a súa vida de novo, a dependencia nos demais acompañábaa de novo. Volvía haber un de novo, unha repetición do sufrimento, da desolación..........