jueves, 25 de marzo de 2010

non te esquezo

o tempo vai pasando, os dias corren e nós non os damos pillado; as noites son máis curtas e o sol non é visto por ninguén. E eu aquí, diante desta máquina, pensando en ti, sen que a miña mente proxecto outra imaxe que non sexa a túa.
Pero por pouco tempo, por que o teu sorriso mudo, terá son en pouco tempo, ó meu carón, pasando as túas mans polas miñas meixelas.
hoxe non teño un día de moito pensar, as ideas non surxen coma antes, mais os sentimentos non adormecen nin un instante e incluso cando durmo escoito a túa voz.
Sen máis que poder dicir, quero que saibas que escribo por ti, por min,... por nós.
non te esquezo, nunca.
xa non recordo a última vez que lle dediquei algo de tempo a este espazo que tanto me deu.
ben é certo que agora puiden entregarme máis, pero supoño que a pereza, o cansanzo e outros evitaron que me decidise.
so espero que a partir de agora a dedicación sexa maior, que non me esquecerades e me perdoedes polo tempo fuxido.
mil bicos a todos