miércoles, 5 de diciembre de 2007

PARA TI, MIRYAN

SORRISO IMBORRÁBEL,
iso é o único que che pido
neste día tan especial para ti.

Aínda recordo toda a nosa infancia,
os nosos paseos en patíns
unidos, como non,
ás miñas continuas caídas;
os xogos coas bonecas,
coas tendas, ás profes...

nunca esquecerei
o ben que o pasamos,
a cantidade de chocolate
que comemos,
todo xuntas,
sen nos despegar.
Os abrazos e bicos constantes,
as mostras de cariño,
a compra de "aceche" ( ¿lémbraste?)

Non sei cómo expresarche
con estas sinceiras verbas,
o moito que te quero
e te necesito,
por que ti eres veciña,
compañeira,
amiga,
confidente,
irmá,
sobre todo iso,
irmás, aínda que non de sangue nin ante a lei ,
irmás nos nosos corazóns.

Moitas felicidades
e recorda que aquí me tés,
para todo o que necesites.

Só agardo que esta maizade
tan sincira e transparente,
non se vexa truncada
polos caprichos do destino.


QUÉROTE MOITO.

FELIZ CUMPLEAÑOS DAVID

Un día coma este,
nubloso e frío,
gris e escuro,
vése máis feo
polo recordo del,
ese rapaz que,
con tan so 20 anos,
perdeu a vida
unha triste mañá de agosto,
debido a un grave accidente de coche.

O seu rostro,
os seus xestos,
os seu gran corazón,
xamais serán esquecidos
entre todos nós,
os seus amigos e
seres queridos
que o único que desexamos,
é voltar o tempo atrás
para impedir
que eses fermosos ollos azuis
xamais se pecharan;
que ese gran corazón
non deixase de latir;
que ese singular sorriso
non se esbaecera...

Non consigo evitar
que esbaren polas miñas meixelas,
estas bágoas de dor;
dor por unha morte prematura,
inxusta,
cruel,
inesperada;
dor por un ser que marchou;
por unha man fría;
polo sufrimento,
este sufrimento que non ten cura,
nin pastillas,
nin xaropes,
nin remedios caseiros,
nin tan sequera o tempo,
conseguirán disminuir
este sentimento.

Neste día tan especial
coma hoxe,
o día do teu aniversario,
quero agasallarte
con esta triste composición,
ofrecéndoche, coma sempre,
o meu cariño e apoio.

FELIZ CUMPLEAÑOS, DAVID

Etiquetas: