BÁGOAS
As bágoas volveron hoxe ós meus ollos;é ben certo que a vidano para de dar voltas;ont e que tan ben me sentín,e hoxe que a soidade ocipade novo o meu corazónque late case sen darse de conta.Non me sinto soapor que non teña a ninguén ó meu carón,pero si por que esasensación me enche por completonestes días nos que non todo me sae como agardaba.Síntome soa, incomprendida,con falta de cariñoxa sei que non teño motivos,pero necesito,nestes momentos nos que a autoestimase atopa polo chan,que me dean mimos;
como o meniño pequeno,como o cachorro que precisa ese calorpara poder seguir adiante,en fin, síntome coma eses días de regraque non sei o que me pasanin cómo conseguir sentirme mellor.
Por vostede heino conseguir
Xa sei que é inútil escribirlle, pero supoño que o fago para desafogarme. Ben é certo que non estou pasando polo meu mellor momento, pero iso non me impide soñar, e soño, soño con que por fin son feliz, dunha vez por todas, que nada nin ninguén se expón no meu camiño, que non existen obstáculos;sei que pido imposibles, pero recórdovos que estou a soñar. O meu é o pesimismo, pero de cando en cando sae unha raiola de felicidadde, alegría, que transforma a miña tristura en ledicia.Aínda recordo aquelas carreiras polos fermosos prados verdes da miña terraa, a recolleita das patacas, a vendima, o tempo de augardente, a romaría do Faro e da parroquia; momentos todos eles que agardo nunca esquecer porque son o único recordo que me quedan del; o seu sorriso, a súa enerxía, as súas ganas de vivir, todo o que hoxe me falta a min, todo o que el se levou.Por iso, teño que recoñecer que son moitas as veces que me derribo e penso en tirar a toalla, pero nunca o fago, por e, polo home máis importante da miña vida, ese que ten nome propio: Manolo, o meu avó.Por vostede xuro seguir adiante, por que vai ser por vostede por quen vou vivir, por que é vostede quen me transmite a súa enerxía para que aproveite o tempo que vostede non puido.POR VOSTEDE HEINO CONSEGUIR, GRAZAS.