miércoles, 21 de marzo de 2007

a miña irmá

Das voltas no cuarto,
mírasme de esguello,
amósasme un sorriso,
xesticulas con alegría,
transmites ledicia...

mais cando te enfadas,
¡ai cando te enfadas!

o fume sáeche polas orellas,
as meixelas póñenseche rubias,
os ollos comezan a saltar,
e o corpo paralízase;

pero iso non impide
que cando a tempestade pasa,
me digas que me queres,
que te alegras de ser miña irmá,
que te ergas pola noite
e me deas un bico
(ese bico que,
aínda que eu non me recordo,
marcou o meu corazón).

Quero que saibas que,
a pesar das diferenzas,
dos enfados,
das discursións,
ti es e serás,
a irmá que sempre desexei ter.

Xuntas agardo apoiarnos
e apsar os malos momentos
como ata agora.

Non esquezas que aquí tés
unha amiga.
Case non me coñeces
e xa te atreves a dicir
que me queres.

Non sabes nafda de min,
e xa me miras
dun xeito extraño.

Sabes o m eu nome
e pouco máis,
e a túa mirada
faime tremer.

Non sei que me está a pasar,
pero síntome feliz,
será por ti,
polos demais,
pero de novo sinto
que a vida é un agasallo,
por ti
e polos demais.

Agardo que non me esquezas,
que consigas ser feliz,
deixemos pasar o tempo,
xuntos ou separados,
quero que saibas que te quero moito,
non sei cómo nin por qué,
pero quérote.

Grazas.