lunes, 3 de diciembre de 2007

o tempo que pasa

O día comeza chuvioso nesta cidade escurecida pola néboa que sae onda o río que baña as rúas e as vidas dunha xente que sae das súas casas con bufandas, luvas....todo para arremeter contra o frío xélido dun inverno que aínda acaba de nacer pero que, temo, durará ata ben entrado o mes de abril; oxalá que non sexa así.
Mentras tanto, na miña terra, os meus siguen coa súa vida rutinaria que, moitas veces, lles impide ver os fermosos que son cada un dos momentos que se nos ofrece.
Por iso, agardo que todos tomemos a vida como o que é: uns segundos de gozo que non han tardar moito en esbaecerse.
Moitos bicos