jueves, 25 de enero de 2007

Tódolos días ó meu carón,
aguantándome e consolándome,
como pano de bágoas
e ombreiro onde chorar.

Eu amoso un sorriso
e as caras ledicia e alegría.
Mais se os meus ollos se escurecen,
o meu corazón se engurra
ou a alma se entristece,
aí están elas
soportando e entendendo.

De novo dou as grazas,
a a todas vós que me axudades
sen pedir nada a cambio,
cun sorriso no rostro,
e unhas palabras de alento
para min, para que me sinta mellor.


Só podo dicir mil grazas.

os meus amigos do blog


Navegando neste mundo coñecín a moita xente. Uns das Américas, outros de España e quen sabe se algúns da Antártida. Pero iso non importa, ¿que máis dá se son negros ou brancos, rubios ou morenos, altos ou baixos, esveltos ou rechonchos?; o que de verdade admiro é a súa humanidade, o seu interior que me amosan moitas tardes cando visitan o meu blog.
Mais iso non me chega, gustaríame velos, abrazalos, bicalos, agradecerlles polo seu apoio incondicional que me brindaron sen me coñecer. Só sabendo o que eu sentía foi suficiente para que toda esta xente se revolucionara e acudise a min, para me axudar a poder levar mellor os momentos malos que me tocan vivir.

Por vós e por todo, grazas desta pesimista nata que desexa conocervos
.