lunes, 15 de noviembre de 2010

esperando....


tremendo con frío, sen darme conta.
as mans conxeladas e secas, cunha sensación de rixidez da que non dou escapado.
e a miña alma....
a miña alma está perdida, neste incertidume, neste medo que non se vai nin se agocha, que non se disfraza nin se maquilla....
mentras tanto, eu, mirando para as estrelas, tapadas polas mantas de nubes que cobren este ceo escuro nunha noite fría de xeada, de neve, de medo....
non me queda máis que esperar, que pasen as horas e uns días interminables para saber un destino ó que temo, sá ou enferma, non o decido eu.
mentres tanto, rir e chorar, correr ou descansar, tan só para deixar pasar o tempo, tan só para esperar