martes, 23 de enero de 2007

Hoxe o día amenceu con neve, moita neve, os rapaces non puideron ir a clases, os coches están descansanso, e todo parece paralizado. Pero nós seguimos aquí, Tati e eu non nos damos por vencidas e intentámosvos facer chegar o que os nosos ollos son capaces de ver, a pesar da néboa que o cobre todo.
Hoxe é un bonito día para decir o que sentimos por que o día é gris e os sentimentos flúen mellor.
Non vos cortedes e amosade o voso lado mais sensible.
Moitos bicos desta apaixonada da neve