miércoles, 23 de mayo de 2007
















O curso está rematando e os nervios xógannos unha mala pasada nestes días que parecen séculos, xornadas infinitas nas que profesores e alumnos amosan as verdades deste ano, curto pero intenso, fermoso pero cun ton de tristura pola próxima despedida que non tardará moito en producirse.





Todo isto vén a conto de que hoxe é o día oficial de despido do noso traballo escolar no blog pero non pensedes que rematará aquí porque seguiremos traballando.





Mañá dannos as notas e o medo percorre de novo o meu corpo, non do mesmo xeito que fai uns meses pero é, ó fin e ó cabo, o medo percorrendo o meu miúdo corpo de trasno.





moitos bicos e agardo que non me abandoedes.




















P.D:adxunto algunha foto da recente excursión realizada a Madrid. Agardo que vos gusten.