miércoles, 7 de marzo de 2007

ISO É SUFICIENTE

Os regresos sempre son tristes,
e este non vai ser excepción;
fai unha semana estabamos disfrutando
duns días de descanso en Madrid,
e hoxe a rutina
agocha monotonía.
Non quero dicir con isto
que esta vida sexa aburrida
por que ten momentos de ledicia.

botei de menos ós amigos,
á familia, ós compañeiros...
pero sobretodo a ela.
Sei que me acompañou
en toda a viaxe,
no meu interior sentía
a súa presenza,
mais non podía ollar
o seu sorriso,
a súa mirada cómplice,
toda ela,
deitada na cama
e aguntando as miñas inquedanzas,
os meus desamores.

Os médicos din que non entende,
que a súa mente está atrofiada,
pero eu podo asegurar que non é así;
a todo o que eu confeso
ela contesta cunha preciosa mirada,
afacéndome dffsaber que me apoia.

Sei que parecerá unha tolería
pero o alzáimer que ela ten
desaparece por momentos.
Oxalá fose verdade para todos
mais eu véxoo así,
e iso é suficiente