miércoles, 29 de noviembre de 2006

ATA QUE AMORTE NOS SEPARE

Coñecinte un día
case de casualidade,
e desde entón
da miña mente e
do meu corazón
non saiches,
parece que é este
un sitio agradable
por que fai case un ano
que o ocupas por completo
e non o queres abandoar,
pero non penses que é iso o que desexo
xa que ti eres a fonte
que tódolos días me dá enerxía
para vivir neste mundo tan inxusto
no que só atopo algunhas razóns boas
polas que seguir adiante,
a máis importante sabes que eres ti,
a mellor persoa da miña vida
que me acompaña a sol e a sombra.
Non me deixes nunca de amar,
e agardo que esto siga
ata que a morte nos separe.

A MIÑA BISAVOA

Desorientada, inocente, manexable,
como a vida dun meniño,
esa muller que antes era
divertida, enerxética, hiperactiva,
e todo o que tivese que ver
coa felicidade;
abandona sen querer esa vida
e volve ser unha nena grande.
Esquécese das cousas, non sabe o que fai...
dinlle alzaimer ó que padece,
mais o que a muller que máis quero sofre,
non se pode esplicar con palabras.
Xa sei que non podo facer nada,
pero vou disfrutar dela coma se fose
o último día que me acompaña
por que, ¿quen sabe?
ó mellor para ela mañá,
xa non son a súa neta.
Vou manter os ollos abertos
e aprobeitar o cariño que
despois sei que non
me vai poder dar.
Sei que a ela non lle gustaría
saber como vai acabar a súa vida,
pero xa é tarde para explicarllo,
por que un ser descoñecido habita nela
impedíndolle recordar que ten unha neta
que a quererá ata o último momento.
A vostede, Digna, dedícolle esta composición
que non ten outro fin máis que
dar a coñecer á mellor muller do mundo,
esa que, se puidera,
me limpiaría as bágoas
que percorren as miñas meixelas
por unha bisavoa perdida
recorde que a súa neta
non a vai esquecer,
pase o que pase,
xuntas por sempre xamais.